A miña historia no instituto

22.1.07

Actividade de Audiovisuais

A semana pasada, nas clases de audiovisuais, traballamos cos nenos de primeiro da E.S.O e aprendimos diferentes tipos de planos. Con fotos de revistas facíamos historias inventadas por nós. Despois dunhas sesións facendo historias vimos como se rodou a película "mar adentro" e un día destes iremos ao cine para ver unha película co grupo de primeiro da E.S.O, esta actividade pareceume interesante porque traballamos cun grupo de nenos máis pequenos que nós, aínda que realmente cada curso estaba co seu grupo excepto Fran e Abel que traballaron cun neno de primeiro.