A miña historia no instituto

29.5.07

Final de curso...

Este ano foi un bo curso, penso que gañei a amizade de moi boas persoas. Coñecín a Paula o primeiro día porque se sentou ao meu lado, a verdade é que non me esperaba que fose así comigo xa que non a coñecía de nada e parecía que eramos amigas de toda a vida... pero á metade do curso a titora separounos e sentoume con Lucía, unha nena que para min foi unha gran axuda nos meus estudos e tamén unha boa amiga. Outras das persoas que coñecín este ano foi Nazaret unha nena que é un sol, paréceme que é unha excelente persoa e tamén unha gran amiga. Está claro que este ano foi un dos mellores de toda a miña estancia neste instituto, o peor é que este ano marcho para facer un ciclo de grao medio e vounos botar moito de menos aínda que espero velos aínda que sexa de vez en cando. Só sei que non vou coñecer a ninguén máis coma eles e que os quero moitísimo. Para mín todos os anos poderían ser coma este!!

Etiquetas: , ,

1 Comments:

Blogger Lucía said...

A verdade é que si que houbo momentos bos, pero tamén pasaron cousas malas...
Aínda así a mi a clase en xeral gústame, hai boa xente, e sentarme contigo é un verdadeiro chiste continuamente!
Alégrome dese cambio que nos fixo a tutora pois conseguiu que te coñecera e as clases pesadas poden pasarse rapidísimo coa túa compaña e as túas tonterías(sempre con cariño).
Unha verdadeira pena que o ano que vén non estés...
Botareite de menos!
Pásate polo meu blog, bicos!

6/07/2007 1:59 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home