A miña historia no instituto

29.5.07

Final de curso...

Este ano foi un bo curso, penso que gañei a amizade de moi boas persoas. Coñecín a Paula o primeiro día porque se sentou ao meu lado, a verdade é que non me esperaba que fose así comigo xa que non a coñecía de nada e parecía que eramos amigas de toda a vida... pero á metade do curso a titora separounos e sentoume con Lucía, unha nena que para min foi unha gran axuda nos meus estudos e tamén unha boa amiga. Outras das persoas que coñecín este ano foi Nazaret unha nena que é un sol, paréceme que é unha excelente persoa e tamén unha gran amiga. Está claro que este ano foi un dos mellores de toda a miña estancia neste instituto, o peor é que este ano marcho para facer un ciclo de grao medio e vounos botar moito de menos aínda que espero velos aínda que sexa de vez en cando. Só sei que non vou coñecer a ninguén máis coma eles e que os quero moitísimo. Para mín todos os anos poderían ser coma este!!

Etiquetas: , ,